Bóveda reivindica a Biblioteca como punto de encontro social e cultural

A biblioteca abrirase máis á rúa, cunha experiencia de bookcrossing en varios puntos de Bóveda e Rubián

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O sábado 24 de outubro celebrouse o Día Internacional da Biblioteca, que en Bóveda ten unha significación especial, xa que este punto cultural funciona tamén como centro de dinamización social para todas as idades. A programación deste ano tocou varios paus, tratando de atraer á veciñanza para vivir un momento de ocio cultural nun espazo aberto e acolledor.

Nenos e maiores estiveron convocados a unha xornada na que houbo arte, teatro e lectura. A biblioteca estivo aberta toda a tarde do sábado ofrecendo un agasallo para os novos socios deste punto de lectura.

Todos aqueles que acudiron á convocatoria puideron disfrutar tamén dos traballos pictóricos da bovedense Julia López Puente, na inauguración da súa primeira exposición. Un total de 20 cadros elaborados en óleo e pastel, nos que Julia López explora os recursos creativos do bodegón, ademais de experimentar coa paisaxe e a figura humana dende unha perspectiva de realismo pictórico.

Logo da apertura da exposición, o teatro centrou a actividade, da man do grupo de teatro da Biblioteca de Antas de Ulla, que puxo en escena a peza «O Bululú do Linier».

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Pero o pulo da biblioteca non rematou o día da celebración. Dende o Concello de Bóveda están a poñer en marcha unha experiencia de bookcrossing, que consiste en depositar libros en diversos puntos da vila para que os usuarios poidan lelos e despois devolvelos ao mesmo punto, para que sigan o seu camiño de man en man. Tamén se poden incorporar novos libros en calquer momento. Dende a Biblioteca argumentan que a idea é «levar a biblioteca á rúa», dando así saída ás numerosas doazóns de fondos bibliográficos que reciben. En principio, liberáronse 20 libros de literatura infantil, xuvenil e para adultos, en catro puntos situados nos Centros de Saúde de Bóveda e Rubián, o Concello e o Centro Sociocultural. Unha experiencia interesante que cada vez ten máis seguidores en Galicia, e que busca «dar máis vida aos libros».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aprendendo os segredos dos tapices en Bóveda

Seguinte Nova

Executivos aprenden inglés de negocios nos Peares dende outubro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: