Comezou en Monforte a axenda de actos para celebrar o IV Centenario da publicación da segunda parte do Quijote

Un momento da ruta cultural por Monforte en lembranza de Cervantes e do seu mecenas, o VII Conde de Lemos. (Foto cedida).
Un momento da ruta cultural por Monforte en lembranza de Cervantes e do seu mecenas, o VII Conde de Lemos. (Foto cedida).

• O 23 de outubro, véspera do Día da Biblioteca, celebrouse en Monforte o primeiro dos actos cos que se vai conmemorar o cuarto centenario da publicación da segunda parte do Quijote. A vinculación desta obra coa cidade do Cabe refírese ao seu patrocinador, o VII Conde de Lemos, cuxa financiación fixo posible a Miguel de Cervantes a publicación da segunda parte da súa obra universal. Para celebrar os 400 anos deste fito, o Concello de Monforte organizou unha serie de actos de aquí a decembro, nos que haberá cine, teatro, conferencias, cursos e roteiros culturais.

A primeira sesión destas rutas por Monforte tivo lugar o día 23, cunha visita guiada por José Martínez Rodríguez, para descubrir pola cidade a pegada de Cervantes e do VII Conde de Lemos. Esta ruta terá novas edicións abertas a escolares, previa cita.

A axenda para o mes de novembro inclúe dúas actividades. O 6 ás oito e media da tarde, o Centro do Viño acollerá a representación de «De Nápoles a Monforte polo inferno», a cargo de Antón Valcárce, organizada polo Movemento Tabernario Lemavos. Ademais, o día 12, o Cine Club A Calexa proxectará na Casa da Cultura a película de animación «Don Quixote» para o público en xeral, con pases tamén nos centros de ensino.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Posta en servizo de 11 quilómetros do corredor entre Monforte e Bóveda

Seguinte Nova

Talento e creatividade dos máis novos na Casa da Xuventude de Chantada

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: