CONTOS DO MUNDO PARA CELEBRAR O DÍA DA BIBLIOTECA EN MONFORTE

A Biblioteca Municipal de Monforte celebrou o Día da Biblioteca cunha sesión de contacontos internacional. Os máis cativos foron os protagonistas da actividade desenvolvida por Solidaridade Internacional de Galicia, que ofreceu unha xornada lúdica e de animación á lectura a través de «Contos do Mundo».

A actividade estivo dirixida a nenos e nenas de 5 a 10 anos, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o pasado 22 de outubro. Este contacontos forma parte do programa Ler Conta Moito, que organiza a Consellería de Educación e Cultura en colaboración cos concellos.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Talento e creatividade dos máis novos na Casa da Xuventude de Chantada

Seguinte Nova

Monforte, protagonista do programa da TVG «Aquí Galicia»

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss