Executivos aprenden inglés de negocios nos Peares dende outubro

Autoridades autonómicas e locais, e responsables do Centro de Inmersión Lingüística dos Peares, na presentación do proxecto a finais do mes pasado. (Foto:CEI)
Autoridades autonómicas e locais, e responsables do Centro de Inmersión Lingüística dos Peares, na presentación do proxecto a finais do mes pasado. (Foto:CEI)

• O Centro de Inmersión Lingüística do poboado de Gas Natural Fenosa nos Peares está a funcionar dende este mes como escola de inglés de negocios para executivos e persoal técnico de empresas de exportación. A iniciativa está apoiada pola Xunta de Galicia, que destinará un mínimo de 120.000 euros ata 2016 para esta actuación. Según sinalou o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, na presentación do programa, o obxectivo é «apostar polo talento galego» e facilitar ás compañías galegas o acceso a outros mercados. Os cursos impartiranse nas fins de semana. A Xunta financiará o 50% do custe do curso para traballadores en activo, e o 100% para profesionais desempregados, para os que se reserva o 10% das prazas. (Foto: CEI).•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Bóveda reivindica a Biblioteca como punto de encontro social e cultural

Seguinte Nova

A ruta do románico de Pantón, a máis solicitada

Últimas noticias sobre CULTURA

Concerto de vilonchelo

O violoncelista Carlos Vidal, galardoado en varios concursos internacionais, ofrecerá un concerto de violonchelo en Sober

A %d blogueros les gusta esto: