• A división senior masculina do C.B. Sarria acumula dúas victorias nas catro primeiras xornadas de liga en Primeira Autonómica. Os de Marcos López acadaron un triunfo incuestionable na cancha do C.B. Montrove, ao que batiron por un contundente 57-75 no partido disputado o sábado 24 de outubro na localidade coruñesa de Mera. Os sarriáns non deron ocasión de respiro aos coruñeses, que tamén se estrean en Primeira División nesta tempada.
A victoria do Alfa Auriga C.B. Sarria foi a máis destacada dunha xornada onde tamén se impuxeron o Cambre, Ferrol e Xiria. Serán precisamente os de Carballo os que visitarán O Chanto o sábado 30 ás seis da tarde, nun encontro que se espera da máxima rivalidade.•
• ESTREA DOS EQUIPOS INFANTÍS DO C.B.SARRIA.

Non foi favorable a estrea en competición dos equipos infantís do C.B.Sarria. O Oral Design e o AG Elevadores enfrontáronse ás dúas formacións que ten nesta categoría o potente Estudiantes da capital provincial. Tampouco houbo sorte para o Cafetería Polo C.B. Sarria en Terceira, que caeu por 76-49 ante o Praia Augas Santas en Ribadeo. A vindeira cita será no Chanto contra o Restaurante Montero Terra Chá.•