O PP de Láncara critica ao Goberno local pola perda dunha subvención de turismo

• O voceiro do PP no Concello de Láncara, Santiago Cubillas, criticou ao Goberno local pola perda da subvención de 17.000 euros que a Xunta concedera ao municipio para acondicionar unha ruta de sendeirismo. Según Cubillas, esta achega fora concedida durante o mandato dos populares en Láncara, a condición de estar executada antes do 15 deste mes. O popular culpa ao alcalde socialista, Darío Piñeiro, de «deixadez e falta de traballo», por «esperar ata días antes do final do prazo de execución para solicitar os permisos, e non ter subsanado a tempo os erros do proxecto».

A ruta, de 10 quilómetros, partiría da Pobra de San Xiao pasando por Ariz ata Marzán, cruzaría o río Neira e remataría no campo da feira de Pobra.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Presentan o novo Goberno provincial bipartito, repartido en oito áreas

Seguinte Nova

Un 35% máis de axudas aos concellos lucenses para promover a igualdade

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss