• A liga monfortina comezou a finais deste mes, coa participación de nove equipos
• Na última semana de outubro arrincou a liga municipal de fútbol 7, organizada polo Concello de Monforte en colaboración coa A.D. Veteráns.
APRAZADO AO XOVES 5 UN DOS PARTIDOS DA PRIMEIRA XORNADA
A xornada inicial disputouse o luns 26 de outubro con tres partidos, xa que o encontro que debía enfrontar ao Hatabendro-Moure-TRM-Emabe contra O Molinón Gestega, aprazouse ao xoves 5 de novembro ás 20,45 horas.
RÍO SOL, LÍDER DA TÁBOA
O torneo de apertura da liga municipal de fútbol 7 tivo como protagonistas ao Río Sol, que venceu por 9-2 ao Revestimientos Rubén, e ao Hostal Río Lor, que firmou unha importante victoria por 2-8 fronte aos Míticos de Ferreira. A xornada completouse co partido entre Ames e Construcciones Díaz Pedrido, que rematou cun resultado de 6-3. A xornada de descanso correspondeu nesta ocasión ao Bar Rabeno.
Como líder da táboa na primeira xornada sitúase o Río Sol, con sete goles de vantaxe, empatado a tres puntos co Hostal Río Lor, que acumula seis goles a favor, e co Ames Formación, cunha vantaxe de tres goles.
Os encontros da liga municipal teñen lugar os luns no campo Luis Bodegas ás 20,45 horas.•