O Samaín chegou a Chantada

 

• A Casa da Xuventude de Chantada organizou o día 28 un obradoiro de elaboración de caveiras do Samaín celta, para iniciar a celebración desta singular data.

Obradoiro de elaboración de cabazas de Samaín, a cargo de Paqui Abeledo, na Casa da Xuventude de Chantada. (Foto cedida).
Obradoiro de elaboración de cabazas de Samaín, a cargo de Paqui Abeledo, na Casa da Xuventude de Chantada. (Foto cedida).

COSTUMES CELTAS AÍNDA VIVOS PARA A NOITE DE DEFUNTOS

Na Casa da Xuventude explicaron o porqué desta iniciativa, que se remonta ao pasado celta destas terras. A idea xurdiu da antiga festividade celta do Samaín, que se describría como unha comuñón cos espíritos dos defuntos, que durante unha noite tiñan licenza para camiñar entre os vivos, aos que se lles daba así a oportunidade de reencontrarse cos seus antepasados. Esta data tamén supoñía o comezo do novo ano celta, no que se prendía a primeira lareira cunha cacharela formada por pólas de serbal e teixo. Outro costume do Samaín era baleirar nabos e insertar dentro unha candea. Co paso dos anos, os nabos deron paso ás actuais cabazas, un dos símbolos do Halloween que todos coñecemos, e cuxo simbolismo puido ser levado aos Estados Unidos polos irlandeses a comezos do século XIX.

HORA DO CONTO

Seguindo co lecer, na Biblioteca Municipal de Chantada recuperaron este mes A Hora do Conto. A actividade para nenos dende 4 anos desenvólvese os mércores ás 17,00 horas.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Ribeira Sacra tamén é atractiva no outono

Seguinte Nova

Aprendendo os segredos dos tapices en Bóveda

Últimas noticias sobre CULTURA

   
A %d blogueros les gusta esto: