O teatro dinamizará Sarria durante o mes de novembro

A Delegación de Cultura do Concello de Sarria organizou para novembro unha ampla programación teatral nas fins de semana.

DO 31 DE OUTUBRO AO 29 DE NOVEMBRO, NA CASA DA CULTURA ÁS OITO DA TARDE

A primeira sesión terá lugar o sábado 31 de outubro, coa posta en escea da obra «Vilar de Inferno», a cargo da compañía Pinchacarneiro Teatro. Xa en novembro, o domingo día 8 a compañía Lucecús Teatro representará «A órbita do Lucecú». A programación continuará o domingo 15 de novembro, coa obra «Alba a Casa Pechada», a cargo de Nostrum Cai. A seguinte cita cos escenarios terá lugar o sábado 21 de novembro, cando a formación «O Bordelo» representará a peza titulada «O Reparto». Para completar este programa cultural, a Aula de Teatro do Concello de Sarria porá en escea «Dramatización» o sábado 29 de novembro.

As representacións desenvolveranse na Casa da Cultura, a partir das 20,00 horas. A entrada é gratuíta.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Unha mostra sobre os 20 anos do rock bravú pon en marcha o Castanhazo Rock en Chantada

Seguinte Nova

O Colado do Vento celebra o outono con roteiros de sendeirismo e cultura

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: