O verán monfortino, cada vez máis atractivo para os estranxeiros

A Oficina de Turismo presentou o balance do verán, cun 40% máis de visitantes internacionais Medrou tamén o turismo nacional, nun 7% Segue crecendo a afluencia ao Museo do Viño, cun 14% máis de visitas O tirón turístico fixo medrar as ventas na tenda do Centro do Viño, con case un 13 % máis que no pasado verán

A afluencia de visitantes a Monforte de Lemos segue a dar boas cifras incluso no mes de outubro, cunha "espectacular" Ponte do Pilar, según os responsables da Oficina de Turismo. EC
A afluencia de visitantes a Monforte de Lemos segue a dar boas cifras incluso no mes de outubro, cunha «espectacular» Ponte do Pilar, según os responsables da Oficina de Turismo. EC

• A mediados de outubro, os responsables do Centro do Viño de Monforte deron a coñecer o balance da tempada de verán deste complexo, que abrangue o Museo do Viño, a Oficina de Turismo e a tenda de viños. Os datos falan da «consolidación de Monforte como destino turístico e referente da Ribeira Sacra», según apuntou na presentación do balance o alcalde, José Tomé. As cifras de afluencia de turistas a Monforte vai medrando cada ano, como destacou na súa intervención o xerente do Centro do Viño, José Manuel Martínez Mareque, que suliñou o incremento no número de visitantes estranxeiros, cun 39,68% máis que en 2014.

VISITANTE CON MAIOR NIVEL ADQUISITIVO, QUE BUSCA UN TURISMO DE CALIDADE

Este crecemento significativo hai que sumalo ao aumento tamén rexistrado no turismo nacional, cun 7% máis que o verán pasado, e ao feito de que os visitantes vanse definindo cara a un turismo «de calidade, non masificado», según apuntou a xerente do Centro do Viño, Noelia Iglesias Losada. Nesta liña, estase a detectar un perfil de turista con maior nivel adquisitivo, «o que vai facer que o gasto sexa maior, e isto beneficiará tanto á hostalería como á restauración e ao comercio de Monforte», suliñou o alcalde. De feito, a afluencia de turistas ao Centro do Viño saldouse cun repunte nas visitas ao Museo dun 14%, e nas vendas de viño na tenda, que medraron máis dun 13% respecto ao verán pasado, cunha tendencia deste consumidor a mercar viños de maior custe.

A maior demanda de público que se rexistrou de xuño a setembro no Centro do Viño tamén tivo consecuencias favorables para o emprego, xa que supuxo unha contratación máis durante o verán. A esta plantilla de sete traballadores sumouse este mes unha persoa máis en calidade de becaria, que está a realizar un traballo de investigación sobre enoturismo para unha universidade portuguesa.

O alcalde de Monforte, José Tomé, e os responsables do Centro do Viño, José Manuel Martínez Mareque e Noelia Iglesias Losada, na rolda de prensa na que fixeron balance do verán. EC
O alcalde de Monforte, José Tomé, e os responsables do Centro do Viño, José Manuel Martínez Mareque e Noelia Iglesias Losada, na rolda de prensa na que fixeron balance do verán. EC

OS FRANCESES, OS QUE MÁIS NOS VISITARON DURANTE ESTE VERÁN

A Oficina de Turismo de Monforte rexistrou 785 visitantes internacionais entre xuño e setembro deste ano, cunha presencia maioritaria de turistas procedentes de Francia. O segundo país que máis visitantes emitiu cara á Ribeira Sacra foi o Reino Unido, seguido do conxunto de América Latina, e tamén de Alemania. Os turistas de Portugal achegáronse sobre todo en agosto. Este mes foi o de maior afluencia de visitantes estranxeiros, cun total de 295, seguido por xullo, con 206, setembro con 154, e xuño con 130. Cabe destacar o rexistro no Centro do Viño de Monforte de turistas procedentes de países como Malasia, Exipto, Israel, Etiopía, Arxelia ou Rusia, ademais de Rumanía, Canadá, Marocos ou Australia.

SETEMBRO OFRECE BOAS CIFRAS POLO TURISMO DE PROXIMIDADE

En canto aos turistas nacionais, os datos medran exponencialmente de xuño a agosto, con 645 visitantes no primeiro mes da tempada, 1.690 en xullo, e 3.683 en agosto. Setembro mantén unha boa afluencia, con 1.268 turistas rexistrados na Oficina de Turismo de Monforte, con predominio dos visitantes procedentes de Galicia e Asturias, aínda que Madrid contabiliza o terceiro posto en consultantes, seguido de Castela-León. No resto da tempada de verán, son os madrileños os que máis frecuentaron a Oficina de Turismo do Centro do Viño, seguidos polos vascos en xuño, por galegos en xullo, e por cataláns en agosto. Dentro de Galicia, A Coruña é a provincia que máis turistas emite, seguida de Pontevedra e Lugo.

AUMENTA O NÚMERO DE PERSOAS QUE ALUGAN VIVENDA PARA A SÚA ESTANCIA

En canto ao comportamento do turista que visita Monforte, este verán aumentou o número de persoas que pernoctan en vivendas alugadas para este fin. O turismo de autocaravana mantén a súa presenza na zona, así como a clientela de paradores, hoteis, balnearios e casas rurais. A estancia media do visitante é de cinco días, e os seus intereses céntranse maioritariamente nas escapadas rurais e no enoturismo, ademais de subir con forza os usuarios dos paquetes experienciais.

AS VISITAS AO MUSEO DO VIÑO MEDRARON UN 14% NESTE VERÁN, GRAZAS AO TIRÓN DE AGOSTO

De xuño a setembro, un total de 1.820 persoas visitaron o Museo do Viño da Ribeira Sacra, un 14,06% máis que no mesmo periodo de 2014. Agosto rexistrou un repunte moi significativo, pasando dos 460 usuarios de 2014 aos 696 de 2015, co que se compensou a lixeira baixada dos restantes meses respecto ao ano pasado.

MÁIS VENTAS E MÁIS REFERENCIAS DE VIÑOS DA RIBEIRA SACRA

O movemento de visitantes ao diferentes servizos que se ofrecen no Centro do Viño repercutiu tamén, e de xeito favorable, nas vendas da Tenda do Viño. De xuño a setembro, vendéronse un total de 6.284 botellas, un 13,29% máis que no mesmo periodo de 2014. Asimesmo, cabe destacar o cambio nas preferencias do consumidor, que está a transicionar dende o branco cara o mencía. Cuantitativamente, dende o Centro do Viño destaracron o dinamismo comercial por parte de adegas e produtores, xa que a Tenda do Viño vén de incorporar este ano un 16,85% máis de referencias de viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, ofrecendo na actualidade 208 etiquetas, o maior catálogo de viños deste selo que se poden atopar nun punto de venda.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte, protagonista do programa da TVG «Aquí Galicia»

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra tamén é atractiva no outono

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: