Os máis cativos disfrutan do outono de Sober

Á esquerda, nenos e nenas do PAI de Sober disponse á recollida de castañas e follas secas no exterior da gardería. Arriba, o grupo de pequenos exploradores voltou ás aulas provistos de cestas cos froitos do outono, para comentar en grupo os seus logros. (Fotos cedidas).

pai sober outono 2

• O alumnado do Punto de Atención á Infancia (PAI) de Sober realizaron o día 21 unha excursión ao exterior das instalacións para disfrutar do outono. Os cativos, acompañados polas súas profesoras, tiveron ocasión de achegarse ás cores e texturas desta tempada, e participar na recollida de castañas e landras, froitos significativos do outono.

EXPERIENCIA COA CULTURA E COA NATUREZA

A xornada serviu para que os máis novos de Sober viviran unha experiencia na natureza, e a continuación, xa de volta ás aulas, puideron comentar o resultado da súa excursión. Cestiñas de castañas, landras e follas secas dos castiñeiros foron incorporados ao variado material de traballo co que diariamente aprenden e disfrutan os cativos do PAI de Sober.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A celebración do Samaín inicia en Pantón as actividades de outono

Seguinte Nova

Preto de 500.000 euros para rehabilitar 30 vivendas en Sober

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: