Preto de 500.000 euros para rehabilitar 30 vivendas en Sober

A segunda fase do ARI concederá ata 11.000 euros por edificio

Sober é o único concello de Galicia onde o ARI afecta a todo o municipio

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

• Trinta vivendas situadas no término municipal de Sober poderán beneficiarse ata decembro de 2016 das axudas para a rehabilitación incluídas na segunda fase do plan ARI. Este plan ten previsto un investimento de 510.857,14 euros na mellora de vivendas. Os interesados poderán solicitar estas subvencións, que cubren ata o 35% do investimento dos arranxos cun máximo de 11.000 euros por edificación, na Oficina de Rehabilitación ou no Concello de Sober.

DESGLOSE DE PARTIDAS DA SEGUNDA FASE DO ARI EN SOBER

Según explicaron os responsables municipais, o desglose do importe total do orzamento desta segunda fase do plan ARI destina 408.000 euros ás obras de rehabilitación, 60.000 euros aos traballos de reurbanización, e 42.857,14 euros á financiación do equipo técnico de xestión.

En canto á financiación deste programa, preto da metade corre a cargo do Ministerio de Fomento, que achega 178.000 euros, e do Concello de Sober, que aporta 66.857,14 euros. O 51,91% do investimento desta segunda fase, que supón 265.200 euros, corresponderá á aportación total dos particulares.

O detalle da aportación do Ministerio de Fomento para estas actuacións en Sober inclúe 142.800 euros para as obras nas vivendas, 21.000 euros para os traballos de reurbanización en exterior, e outros 15.000 euros para a xestión da oficina do ARI.

23 VIVENDAS BENEFICIÁRONSE DA PRIMEIRA FASE DO ARI EN SOBER

Dende o Concello fixeron balance das actuacións realizadas ao abeiro das axudas da primeira fase do plan ARI. En canto á rehabilitación de vivendas, foron 23 as edificacións obxecto de mellora, nas que se investiron un total de 447.554,90 euros, dos que Fomento achegou 113.604,19 euros e o Instituto Galego da Vivenda e do Solo outros 82,142,44. Na primeira fase do ARI, as subvencións para rehabilitación foron de ata 11.600 euros por vivenda, cun máximo do 75% do presuposto.

As parroquias nas que se executaron traballos de rehabilitación foron Sober, Canabal, Doade, Proendos, Figueiroá, San Martiño de Anllo, Gundivós, Rosende e Pinol.

REURBANIZACIÓN EN PRAZAS E ESPAZOS URBÁNS DE VARIAS PARROQUIAS DE SOBER

En canto á reurbanización, o custe total foi de 114.000 euros, dos que 34.200 foron aportados por Fomento e 34.200 polo Instituto Galego da Vivenda e do Solo. Para a xestión do ARI, o Ministerio achegou 24.750 euros. A día de hoxe, están executadas as obras na rúa da Estación de Canabal e a praza de Doade. Ademais, están pendentes de execución diversas obras de reforma en prazas e espazos urbáns de de Naz, A Pena de Proendos, Mer, Pinol e Rosende. Dende o Concello estiman que estean completadas antes de marzo do vindeiro ano.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os máis cativos disfrutan do outono de Sober

Seguinte Nova

Aposta polo medioambiente e a riqueza xeolóxica como atractivo na comarca do Courel

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: