Reunión dos veciños do Barrio do Hospital e o xerente do centro hospitalario para abordar o problema dos atropelos

O pasado 23 de outubro, o presidente da Asociación de Veciños do Barrio do Hospital, Miguel Pino, mantivo unha reunión co xerente do Hospital Comarcal, Antonio Acevedo, para abordar o problema dos recentes atropelos, así como a falta dun parque biosaudable nesta zona.

PIDEN SINALIZACIÓN

Pino trasladou ao director do Hospital de Monforte a preocupación veciñal polos dous recentes atropelos que se produciron nesta zona, sen consecuencias graves. Os veciños chamaron a atención sobre a deficiente sinalización nas vías de entrada e saída do centro hospitalario, propoñendo a instalación dun paso de peóns á entrada do Hospital, e dun sinal horizontal de ceda o paso para os vehículos que saian do recinto cara as rúas Irmáns Dapena e Corredoira. Neste sentido, o director do Hospital comprometeuse a trasladar esta demanda ao alcalde de Monforte, para tratar de resolver esta situación.

PARQUE BIOSAUDABLE

Outra das cuestións que centraron esta reunión foi a demanda, por parte dos veciños do Barrio do Hospital, dun parque biosaudable que lles permitira realizar actividade física ao aire libre, ademais de contar cun espazo de ocio de proximidade. Según indicou Miguel Pino, este parque podería instalarse na zona verde situada entre a rúa Corredoira e o aparcadoiro do Hospital, xa que esta parcela non ten ningún uso na actualidade.

O presidente do colectivo veciñal agradeceu que o xerente do Hospital atendera as súas peticións, nunha reunión que transcurriu «en clara sintonía» entre ambas partes, según Pino. Ademais, no encontro acordaron organizar outra xuntanza de seguemento, coa posibilidade de seguir colaborando no futuro noutras cuestións que puideran xurdir.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

San Clodio en festas o 30 e 31 de outubro

Seguinte Nova

A Asociación Veciñal do Saviñao retoma as andainas de outono

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: