San Clodio en festas o 30 e 31 de outubro

O 30 e 31 de outubro, o Concello de Ribas de Sil celebra un amplo programa festivo.

XVI FESTA DA TERCEIRA IDADE

O venres 30 está adicado aos maiores, coa XVI Festa da Terceira Idade. A xornada iniciarase ás 12,30 horas, cunha misa na honra do patrón San Clodio, e adicada aos maiores. Á unha, o Grupo de Gaitas de Ribas de Sil ofrecerá unha actuación, e ás dúas, o Concello agasallará aos maiores cuns pinchos na Praza do Concello, seguido dun baile. Os nenos tamén teñen a súa quenda ás 18 horas, coa proxección dunha película no Salón de Actos. Xa ás oito, terá lugar a gran pancetada na Praza do Concello, seguida dunha festa a cargo da Orquestra Cinema dende as nove, para continuar coa verbena a partir das doce.

TEATRO E MAGOSTO

O sábado 31 abrirá cunha alborada, e ás 13,30 comezará o xantar popular na Praza Maior, con empanada, polbo e bica. Ás 19 horas presentarase o programa «Tardes de teatro no inverno», cunha representación a cargo do grupo local Augas do Sil. Ás oito comezará o magosto, con festa a cargo da Orquestra Galilea, que continuará coa verbena ata a madrugada.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A ribeira e os seus viñedos definirán o territorio da Ribeira Sacra para ser Patrimonio da Humanidade

Seguinte Nova

Reunión dos veciños do Barrio do Hospital e o xerente do centro hospitalario para abordar o problema dos atropelos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: