Un 35% máis de axudas aos concellos lucenses para promover a igualdade

Arias e López Abella durante a reunión cos responsables e técnicos municipais de igualdade, en Lugo o 19 de outubro. GPVX.
Arias e López Abella durante a reunión cos responsables e técnicos municipais de igualdade, en Lugo o 19 de outubro. GPVX.

• A mediados de outubro, a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, presentaron aos técnicos dos municipios lucenses as liñas de axudas para programas de promoción da igualdade deste ano.

En total, para a nosa provincia a Xunta destina 4,6 millóns de euros, repartidos en tres liñas de actuación, e que supón un incremento do 35% respecto a 2014.

As liñas de traballo céntranse en programas de conciliación, prevención e tratamento integral da violencia de xénero, e apoio aos Centros de Información á Muller (CIM). Asimesmo, Arias e López Abella explicaron aos responsables municipais que o Consello da Xunta autorizou a concesión de anticipos de ata o 75% das axudas, cofinanciadas nun 80% polo Fondo Social Europeo.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PP de Láncara critica ao Goberno local pola perda dunha subvención de turismo

Seguinte Nova

A Xunta atende a petición do Concello e destina 20.000 euros ao arranxo “urxente” da Estación de Autobuses

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: