A Escola de Música de Sober pon en marcha un grupo de canto para adultos

• A música en Sober segue a ser noticia. Dende o día 5 deste mes está en marcha un grupo de canto para adultos, por iniciativa da Escola de Música soberina, e que xa conta cunha vintena de inscritos.

AS REUNIÓNS LÚDICAS PARA CANTAR SON OS XOVES ÁS 19,30 NO CENTRO SOCIOCULTURAL

Según explicou a directora, Laura Rodríguez, a idea é reunir a xente á que lle guste cantar, para compartir as tardes dos xoves. «Non pretendemos que a xente xa saiba cantar nin que o faga de xeito profesional, senón que compartan unha tarde cantando o que eles prefiran», destacou Rodríguez.

As reunións son os xoves ás sete e media da tarde, no Centro Sociocultural da capital soberina.

Coa posta en marcha deste grupo de canto, a Escola de Música de Sober pretende ampliar a oferta destinada aos adultos.

As persoas interesadas poden obter máis información nos teléfonos 982 460513 ou 617 506319.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Activado o Plan de Viabilidade Invernal nas estradas autonómicas da provincia

Seguinte Nova

Outono Fotográfico en Pantón coas “Crónicas Urbanas” de José Luis Montes

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: