A Sociedade Filarmónica de Monforte organiza un novo concerto o luns 16 de novembro

A agrupación Ars Collegium ofrecerá o concerto do día 16 en Monforte.  (Foto cedida).
A agrupación Ars Collegium ofrecerá o concerto do día 16 en Monforte. (Foto cedida).

Monforte ten unha nova cita coa música clásica o luns 16 de novembro. Ese día, a partir das 20,15 horas, a formación Ars Collegium ofrecerá un concerto no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, dentro da programación da Sociedade Filarmónica de Monforte.

No terceiro concerto que esta Sociedade organiza en Monforte, a agrupación checa Ars Collegium ofrecerá un programa integrado polo Concerto Grosso en Re menor Op.3 N.1 de Vivaldi, o Concerto en Re menor para dous violíns BWV 1043 de Bach, o concerto en Sol maior para violín e orquestra de cámara de Haydn, e o Divertimento para cordas en Si bemol KV 137, de Mozart.

A formación Ars Collegium, fundada en 1966, é unha das máis prestixiosas da República Checa. Ao redor do Graffe Quartet, o núcleo principal do grupo, xúntanse destacados compoñentes da Filarmónica e da Ópera do Teatro Nacional de Brno.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata o 4 de decembro para solicitar en Sober as axudas ao transporte universitario

Seguinte Nova

Medio Rural terá 22 millóns de euros máis para o agro galego en 2016

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: