AGACA aposta polo emprendemento feminino nas cooperativas agrarias

Os responsables de AGACA e Agris, a secretaria xeral de Igualdade da Xunta, e a delegada da Xunta en Lugo, durante a xornada “Atrévete contigo mesma” que organizou AGACA en Lugo o día 4. GPXG.
Os responsables de AGACA e Agris, a secretaria xeral de Igualdade da Xunta, e a delegada da Xunta en Lugo, durante a xornada “Atrévete contigo mesma” que organizou AGACA en Lugo o día 4. GPXG.

•A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) organizou en Lugo a comezos deste mes unha xornada divulgativa para promover o emprendemento feminino. O obxectivo foi animar ás mulleres vinculadas a cooperativas agrarias a que participen nos seus órganos de decisión, baixo o lema «Atrévete contigo mesma».

AS MULLERES RURAIS SON «EXEMPLO DE INNOVACIÓN E MOTOR DA ECONOMÍA RURAL»

A apertura da xornada contou coa presencia da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e da delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias. Na súa intervención, López Abella destacou o papel das mulleres rurais como «exemplo de innovación e motor da economía rural», polo que «é necesario promover novos avances na corresponsabilidade social e apoiar a capacidade das mulleres para ocupar postos de decisión».•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Primeiro encontro entre a nova conselleira de Medio Rural e as organizacións agrarias profesionais

Seguinte Nova

Completados os traballos do mantemento anual das pistas da Compañía e do Luis Bodegas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: