
•Monforte está de celebración cultural en torno á figura de Cervantes, ao cumprirse 400 anos da publicación da segunda parte de «El Quijote», patrocinada por Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos. O día 12, os escolares puideron disfrutar da proxección da película de animación en 3D «Donkey Xote», dirixida en 2007 por José Pozo, e inspirada na segunda parte de «El Quijote». Esta actividade estivo organizada polo Cineclub A Calexa. Ademais, o venres día 6 tivo lugar, tamén na Casa da Cultura, a representación teatral da obra «De Nápoles a Monforte polo inferno», de Antón Valcarce, organizada polo Movemento Tabernario Lemavos.•
