Cine e teatro para celebrar en Monforte o IV Centenario da publicación da segunda parte de “El Quijote”

O alcalde de Monforte, José Tomé, na presentación dun dos actos celebrados dentro do programa conmemorativo do IV Centenario da publicación da segunda parte de “El Quijote”.  GPCM.
O alcalde de Monforte, José Tomé, na presentación dun dos actos celebrados dentro do programa conmemorativo do IV Centenario da publicación da segunda parte de “El Quijote”. GPCM.

•Monforte está de celebración cultural en torno á figura de Cervantes, ao cumprirse 400 anos da publicación da segunda parte de «El Quijote», patrocinada por Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos. O día 12, os escolares puideron disfrutar da proxección da película de animación en 3D «Donkey Xote», dirixida en 2007 por José Pozo, e inspirada na segunda parte de «El Quijote». Esta actividade estivo organizada polo Cineclub A Calexa. Ademais, o venres día 6 tivo lugar, tamén na Casa da Cultura, a representación teatral da obra «De Nápoles a Monforte polo inferno», de Antón Valcarce, organizada polo Movemento Tabernario Lemavos.

Diversos actos para escolares e público en xeral celebran este evento cultural en Monforte en torno á obra de Cervantes.  GPCM.
Diversos actos para escolares e público en xeral celebran este evento cultural en Monforte en torno á obra de Cervantes. GPCM.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Unha nova fichaxe para a galería de ilustres do IES A Pinguela

Seguinte Nova

O cineasta monfortino Dani de la Torre na inauguración oficial do curso da Escola de Imaxe e Son lucense

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: