•O alcalde comezou este mes as reunións nas parroquias
•Este mes de novembro, o Concello de Monforte iniciou o proceso para elixir aos alcaldes pedáneos nas 27 parroquias deste municipio. Con este fin, o alcalde, José Tomé, está a convocar reunións coa veciñanza dos diferentes núcleos rurais. «Estas xuntanzas van servir para realizar a elección do pedáneo, pero tamén para tratar doutros asuntos de interés para eles», precisou o rexedor local.
Deste xeito, o alcalde fai uso da potestade que lle permite a lei para nomear representantes da Alcaldía, que terán como función canalizar as demandas do medio rural, e tamén informar aos veciños sobre as decisións gubernamentais que afecten a cada parroquia. Para a elección, estarán convocadas as persoas censadas en cada parroquia, que votarán en elección secreta entre os candidatos e candidatas que se presenten.
O 29 de outubro entrou en vigor o decreto do Concello de Monforte que puxo fin ao desempeño dos alcaldes pedáneos que figuraban no rexistro anterior.•