Deporte, turismo e solidaridade danse a man nos partidos do CB Sarria no Novo Chanto

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Dende a directiva do CB Sarria están a apostar forte pola dinamización local a través do deporte. Aproveitando a afluencia de público que acompaña ao equipo visitante, a formación sarriana decidiu empregar a entrada do Novo Chanto como expositor de material turístico e promocional de Sarria, cedido pola Oficina de Turismo.

Ademais desta acción divulgativa, dende o clube sarrián queren fomentar os hábitos de reciclaxe e limpeza das instalacións, colocando carteis persuasivos nas papeleiras para animar ao público e xogadores a usalas. Teñen previsto ampliar esta campaña coa incorporación de depósitos para pilas usadas.

A solidaridade tamén está na folla de ruta das actividades do CB Sarria. Esta tempada están instalados dous puntos de recollida de tapóns de plástico, un na cancha para facilitar o uso aos xogadores, e outro na zona de acceso ao graderío, e destinado a público e visitantes.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Alfa Auriga CB Sarria gaña o derby provincial en Primeira Autonómica

Seguinte Nova

Sarria acolleu unha charla sobre o Programa de Garantía Xuvenil da Xunta de Galicia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss