En marcha a Xacopedia, con toda a información sobre a cultura xacobea a un clic

Turismo de Galicia promove esta enciclopedia dixital, que inclúe miles de fotografías e máis de 100 mapas e gráficos sobre a Ruta Xacobea

Antonio Couto Rego, de Ediciones Bolanda; Nava Castro, directora xeral de Turismo de Galicia; e o xerente da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, durante a presentación o 9 de novembro.  GPXG.
Antonio Couto Rego, de Ediciones Bolanda; Nava Castro, directora xeral de Turismo de Galicia; e o xerente da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, durante a presentación o 9 de novembro. GPXG.

•O Camiño de Santiago xa conta coa súa enciclopedia dixital. O día 9 deste mes foi presentada oficialmente a Xacopedia, unha enciclopedia 2.0 que mostra toda a información sobre a Ruta Xacobea a tan só un clic.

COMPLETA INFORMACIÓN E DE FÁCIL ACCESO

Esta plataforma, que inclúe miles de fotografías, máis de 100 mapas e gráficos, e centos de referencias da A á Z, está configurada como unha ferramenta de fácil acceso, para permitir a interacción do usuario. En www.xacopedia.com, un buscador facilita a localización dos diferentes termos e contidos das entradas. Según se vai tecleando a referencia, o buscador vai propoñendo o termo máis aproximado, para facer a búsqueda máis doada e rápida.Ademais, cada información inclúe ligazóns para poder afondar con comodidade sobre a información que máis interese ao usuario.

A XACOPEDIA COMO REDE SOCIAL

A interactividade está presente na Xacopedia, posto que os usuarios poden complementar cada entrada e enriquecer os contidos, ademais de ser contestados por outros usuarios e ser marcados como «Me gusta».

A elaboración dos contidos da Xacopedia contou coa colaboración de diversos profesionais internacionais, expertos na Ruta Xacobea.

A DIVULGACIÓN REPERCUTE «MOI NOTABLEMENTE» NA CONSERVACIÓN DO CAMIÑO

Durante a presentación desta plataforma, a directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, suliñou que a divulgación e potenciación da información en torno ao Camiño de Santiago repercute «moi notablemente» na súa conservación e posta en valor. Castro precisou que a plataforma digital forma parte das accións do Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago, dentro da liña adicada á investigación, comunicación e divulgación do Camiño e da cultura xacobea.

MÁIS ACTUACIÓNS DIVULGATIVAS DE CARA AO VINDEIRO ANO SANTO 2021

Neste sentido, e de cara á celebración do vindeiro Ano Santo en 2021, Nava Castro anunciou a posta en marcha de diversas actuacións, como a produción de contidos adaptados ao currículo de Educación Primaria e Secundaria, o impulso da cultura xacobea no eido universitario, ou a posta en marcha de campañas de sensibilización dirixidas á poboación dos municipios polos que pasa o Camiño de Santiago.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Novidades no eido educativo para este curso

Seguinte Nova

Ata o 4 de decembro para solicitar en Sober as axudas ao transporte universitario

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss