Medio Rural terá 22 millóns de euros máis para o agro galego en 2016

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, durante a súa comparecencia na Comisión 3ª do Parlamento de Galicia.  CMR
A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, durante a súa comparecencia na Comisión 3ª do Parlamento de Galicia. CMR

Ángeles Vázquez explicou que este incremento supón un 4,56% máis que o ano pasado

• A Consellería do Medio Rural xestionará en 2016 un total de 503.522.539 euros, o que supón un 4,56% máis que no ano 2015 e por riba da media do incremento do orzamento xeral da Xunta. Según explicou a conselleira Ángeles Vázquez na súa comparecencia na Comisión 3ª do Parlamento galego o pasado 3 de novembro, este aumento supón que haberá case 22 millóns de euros máis para destinar ao agro galego.

MÁIS ORZAMENTO PARA O FORESTAL

En primeiro lugar, Vázquez destacou que o investimento produtivo no monte duplicarase, ao pasar de 25 a 51 millóns o vindeiro ano, promovendo accións como a biomasa, a produción de produtos do monte, e a creación de áreas silvopastorís. Tamén destacou a aposta polas Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR), que triplican os seus recursos nestes orzamentos, para poñer en valor a propiedade do monte, ao tempo que se duplica o apoio ás empresas do sector forestal.

O LÁCTEO, «UNHA DAS PRIORIDADES DA XUNTA»

En canto ao sector lácteo, Ángeles Vázquez explicou que vai ser «unha das prioridades da Xunta». Neste sentido, dixo que o recente acordo asinado por toda a cadea de valor do produto ten a consideración de «histórico», porque é a primeira vez que se subscribe un acordo destas características entre todos os axentes implicados. A Conselleira explicou que no orzamento está incluída unha dotación de 600.000 euros de fondos propios para cofinanciar a orde de axudas ao financiamento de circulante e reestruturación de débeda das explotacións leiteiras.

Vázquez informou do mantemento dos investimentos nos eidos da sanidade animal e no programa de mellora xenética do frisón, incrementándose nun 12% o financiamento do control do rendemento e calidade do leite.

Vázquez insistiu nas axudas para a modernización das explotacións agrarias, financiadas con fondos Feader con máis de 48 millóns de euros. Ademais, increméntanse nun 7% os fondos dedicados á mellora das explotacións agrarias ata algo máis de 26 millóns de euros, e tamén as axudas á incorporación de mozos, ata os 16,2 millóns. Asimesmo, engádense dúas novas liñas de actuación, para axudas á primeira instalación de pequenas explotacións, con 2,5 millóns, e para servizos de asesoramento, xestión e substitución, con case 3 millóns de euros. Vázquez apuntou que se incidirá nas zonas do interior de Lugo e Ourense.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Sociedade Filarmónica de Monforte organiza un novo concerto o luns 16 de novembro

Seguinte Nova

O outono estréase en Sarria co renovado aspecto do Malecón

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: