Novembro, Mes das Tradicións nas sesións lúdico-culturais Merendas con Contos de Sober

• O Goberno municipal de Sober está a aproveitar as Merendas con Contos de novembro para celebrar o Mes das Tradicións. Estas actividades de animación á lectura desenvólvense os venres de cinco e media ás sete da tarde, na Biblioteca Municipal. A primeira sesión tivo lugar o venres 6, cunha merenda a base de castañas, e a lectura do libro «O Magosto», do colectivo Ollo de Sapo.

OBRADOIRO DE ROSCAS DE MILLÁN

A seguinte cita é o venres 13, cando Moncho Álvarez vai impartir un obradoiro de elaboración de roscas de Millán, e a continuación, os rapaces e rapazas lerán «O gato lambón», conto popular editado por Kalandraka.

MÚSICA EN VIVO E TAMÉN NO LIBRO

O venres 20, desenvolverase un obradoiro de música con Elite DJ’s, e lectura de «Nico y Ana quieren ser músicos», de Juan Capdevilla.

OBRADOIRO DE OLERÍA DE GUNDIVÓS

O Mes das Tradicións rematará o venres 27, data na que Tomás Gómez González e Otilia Arias García farán un obradoiro sobre a olería de Gundivós. Despois, os participantes lerán o libro «A olería tradicional de Gundivós. As formas».

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aposta polo medioambiente e a riqueza xeolóxica como atractivo na comarca do Courel

Seguinte Nova

Tardes de Teatro en Ribas de Sil

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss