Novidades no eido educativo para este curso

DISPOÑIBLE O CUESTIONARIO ON LINE QUE EDUCACIÓN HABILITA PARA AVALIAR A CONVIVENCIA NAS AULAS. Ata o 30 de novembro, a comunidade escolar de Galicia, formada por preto de 500.000 membros, poderá cumplimentar o cuestionario on line que a Consellería habilitou para testar o estado da convivencia escolar nos centros. Ao cuestionario accédese por unha aplicación informática, e os directores dos centros son os encargados de xerar as claves de acceso para todos os membros da súa comunidade, de xeito aleatorio, para garantir o anonimato. Hai sete tipos de cuestionario, según o colectivo ao que se dirixe, e integrado por 20 preguntas sinxelas cada un deles. •UN TOTAL DE 12.386 ALUMNOS E ALUMNAS DE SECUNDARIA CURSAN EN GALICIA AS MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA. Estas materias son resultado da implantación da LOMCE, e ofrécense nos currículos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato. Segundo os datos recompilados pola Consellería de Educación, a materia que máis matriculados rexistra é de Investigación e Tratamento da Información, seguido de Oratoria e a de Programación. En ESO impártense Educación financeira, con 263 matriculados; Investigación e Tratamento da Información, con 3.141; Oratoria, con 2.727; Paisaxe e sustentabilidade, con 644; Programación, con 1.785; Promoción de Estilos de Vida Saudable, que ten 1.629 inscritos; e Xadrez, que cursan 684 alumnos e alumnas. No Bacharelato, Antropoloxía rexistrou 1.076 matriculados, Literaturas Hispánicas 96, e Robótica conta con 341 inscritos.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Seguemento profesional de dous proxectos de compostaxe en parroquias de Monforte

Seguinte Nova

En marcha a Xacopedia, con toda a información sobre a cultura xacobea a un clic

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: