•Os traballos contaron cunha achega de Turismo de Galicia por valor de 10.000 euros
• A finais de outubro quedaron rematados os traballos de acondicionamento da Rúa da Igrexa, na parroquia soberina de Canabal. Para a realización destas obras, o Concello de Sober contou cunha achega económica de 10.000 euros por parte de Turismo de Galicia.
VARIAS MELLORAS RECENTES NA PARROQUIA DE CANABAL
Os traballos de acondicionamento da contorna da igrexa de Canabal, importante punto de interese turístico do municipio, consistiron na reconstrución dun muro, e a pavimentación dos accesos.
Neste sentido, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, lembrou as recentes melloras que se levaron a cabo nesta parroquia soberina. Recentemente, o Goberno local acondicionou tamén a rúa da Estación, instalou un novo pavimento no parque infantil, e conformou un novo espazo de lecer mixto, que inclúe un parque infantil e unha zona biosaudable.
GUITIÁN: UN CONCELLO «CON MÁIS CALIDADE DE VIDA E MÁIS ATRACTIVO PARA OS VISITANTES»
Guitián suliñou que o seu equipo de Goberno «segue a traballar por mellorar a calidade de vida de todos os veciños e veciñas». O rexedor local incidiu tamén no obxectivo de que estas melloras «sirvan para facer máis atractivo o Concello a todos os que nos visitan».•