• Os senior do CB Sarria sumaron o pasado domingo a súa terceira victoria, esta vez na difícil cancha do Estudiantes de Lugo (53-60). Os de Marcos López afrontaban o derby provincial como segundos na táboa, e mantiveron o dominio durante os tres primeiros cuartos. A formación sarriana sufriu no cuarto final, cando os lucenses apostaron pola remontada, que finalmente non foi tal, ao sacar so sarriáns a veteranía para facerse co partido nos minutos finais.
Á ESPERA DE QUE PINCHE O LÍDER
Con esta terceira victoria consecutiva, o Alfa Auriga CB Sarria continúa a súa racha positiva, que o afianza na segunda posición, á espera de que pinche o líder.
Outra foi a sorte das xogadoras do Neumáticos Sarria, que caeron na segunda xornada de liga en Primeira Autonómica en Santiago fronte ao Pío XII (59-50). As sarrianas tardaron en meterse no partido, con dificultades para culminar os ataques. A pesares de todo, as de Maísa López souberon manterse na cancha, peleando o partido ata os últimos minutos.•