O cineasta monfortino Dani de la Torre na inauguración oficial do curso da Escola de Imaxe e Son lucense

O presidente da Deputación, Darío Campos, presentouno ao alumnado da EIS como «exemplo de lucense que triunfa no mundo do cine»

A xerente da Escola de Imaxe e Son, Margarita Soilán; o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos; e o cineasta monfortino Dani de la Torre, na inauguración do curso, o pasado 29 de outubro.  GPDL.
A xerente da Escola de Imaxe e Son, Margarita Soilán; o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos; e o cineasta monfortino Dani de la Torre, na inauguración do curso, o pasado 29 de outubro. GPDL.

•O 29 de outubro tivo lugar na capital provincial a inauguración oficial do curso 2015-2016 na Escola de Imaxe e Son de Lugo (EIS), dependente da Fundación TIC. Ao acto asistiu como invitado o director de cine monfortino Dani de la Torre, que vén de triunfar coa súa recente película «El Desconocido», protagonizada polos actores galegos Luis Tosar e Javier Gutiérrez.

DARÍO CAMPOS DEBUTOU COMO PRESIDENTE DA FUNDACIÓN TIC

Durante a inauguración, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, presentou ao cineasta monfortino como «exemplo de lucense que triunfa no mundo do cine». Na súa primeira intervención como presidente da Fundación TIC, Darío Campos trazou para o alumnado da Escola un perfil da figura do cineasta monfortino. «Dani de la Torre tamén estudiou nunha escola de imaxe e son, e é un excelente exemplo de como con talento e traballo poden levarse adiante, dende Galicia, proxectos do máximo nivel internacional», destacou Campos.

«FORMACIÓN DE CALIDADE EN IGUALDADE DE CONDICIÓNS» NA EIS

Por outra banda, o presidente da Fundación TIC aproveitou a ocasión para lembrar que este organismo vai seguir dedicando «parte dos seus esforzos económicos á gratuidade da matrícula da Escola de Imaxe e Son, como leva facendo estos oito anos». Campos amosou o interés da Fundación TIC en axudar a que «os mozos e mozas con vocación e interese no mundo audiovisual poidan acceder a unha formación de calidade en igualdade de condicións».

Dani de la Torre xa impartira hai uns meses unha masterclass na Escola de Imaxe e Son. Na inauguración deste curso, o alumnado da EIS puido ver un vídeo de como se rodou a súa primeira e exitosa longametraxe «El Desconocido». Asimesmo, narrou a súa experiencia nas diversas áreas do traballo audiovisual, e o momento de éxito que está a vivir no cine.•

A TIC colabora coa asociación Bonhomía rodando un spot para a campaña «Ningún árbol vacío»

A Praza Maior de Lugo centrou a rodaxe do spot.  GPDL.
A Praza Maior de Lugo centrou a rodaxe do spot. GPDL.

•Técnicos e bolseiros da Fundación TIC están a realizar un spot de internet para a campaña «Ningún árbol vacío», da asociación lucense Bonhomía. Esta é a primeira iniciativa deste colectivo sen ánimo de lucro, que pretende que todos os rapaces e rapazas lucenses teñan un agasallo no Nadal. Unha vez editado, o spot poderá verse na web www.bonhomia.org, e tamén nas redes sociais. A colaboración da TIC con esta asociación inclúe a realización dunha reportaxe sobre o desenvolvemento da campaña, coa que Bonhomía procura despertar a solidaridade dos lucenses. Para participar, hai que entrar na web www.bonhomia.org, onde se recibe a carta de Reis dun neno lucense sen recursos, para mercarlle o seu agasallo por menos de 30 euros, e entregalo nun dos puntos de recollida da asociación.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Cine e teatro para celebrar en Monforte o IV Centenario da publicación da segunda parte de “El Quijote”

Seguinte Nova

A Academia acepta a Monforte como sede dun acto das Letras Galegas

Últimas noticias sobre CULTURA

ESPECIAL ENTROIDO 2023

Imaxinación e moita festa no Entroido no sur de Lugo SARRIA QUIROGA SOBER BÓVEDA BROLLÓN CHANTADA

 TRADIGALU 2023

Programa de conservación, promoción e difusión da riqueza musical, aproveitando a división comarcal da provincia de

A %d blogueros les gusta esto: