O Consorcio ve unha “boa recuperación” do sector logo da ponte de Santos

A ocupación media foi do 84%, e nos establecementos de catro estrelas superou o 95%

• O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra valorou de forma moi positiva os datos de ocupación rexistrados durante a ponte de Santos. Según este organismo, a ocupación media nos establecementos da Ribeira Sacra foi do 84% na fin de semana do 30 de outubro ao 2 de novembro. Dende o Consorcio destacaron ademais o dato de ocupación nos hoteis de catro estrelas, que sobrepasou o 95% neses días. En canto á restauración, o Consorcio levou a cabo unha pequena enquisa nos restaurantes das zonas máis turísticas, na que se determinou unha ocupación de preto do 80% da capacidade destes establecementos.

NO CONSORCIO VEN UN PECHE «MOI OPTIMISTA» DE 2015 PARA O TURISMO NA RIBEIRA SACRA

Dende o Consorcio consideran «excelentes» estas cifras, que veñen a unirse aos bos resultados da ponte do Pilar. Os responsables do Consorcio interpretan esta tendencia como unha «boa recuperación» do sector, «e que leva a pensar nun peche moi optimista de 2015, e nun bo ano 2016.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O académico lancarao Basilio Losada recibiu o XIV Premio Ramón Piñeiro

Seguinte Nova

A Asociación Veciñal do Saviñao inaugurou as andainas de outono

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: