O día a día das granxas, a debate nas XIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite en Lugo

Organizadas por Seragro na Facultade de Veterinaria, céntranse nos diversos aspectos da alimentación do gando

A presidenta de Seragro, Noelia García Santoalla; o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde; e un dos coordenadores das xornadas, Martín López López, na presentación das Xornadas o pasado día 4. GPDL
A presidenta de Seragro, Noelia García Santoalla; o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde; e un dos coordenadores das xornadas, Martín López López, na presentación das Xornadas o pasado día 4. GPDL

•Durante os días 12 e 13 de novembro, a Facultade de Veterinaria de Lugo está a acoller as XIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, organizadasa por Seragro Sociedade Cooperativa Galega. Baixo o lema «Nas nosas mans», a programación das xornadas está relacionado co día a dá do traballo nas granxas de vecún leiteiro de Galicia, con especial atención aos diversos aspectos relacionados coa alimentación do gando.

Os relatorios están a cargo de profesionais do sector. Así, adicarase espazo a analizar a situación da man de obra nas granxas, e as posibilidades de mellora das relacións laborais entre empregados e empregador como clave do futuro da explotación.Tamén se tratará o proceso de obtención dunha pradeira óptima, e as particularidades do cultivo do millo en Galicia, tendo en conta as particularidades climáticas e do solo, así como as pragas máis frecuentes. En referencia aos animais, abordaranse os avances dos últimos anos en xenómica aplicados á mellora dos índices de selección das reses. Asimesmo, farase unha análise da repercusión que ten sobre a alimentación animal e a xestión das granxas a volatilidade dos prezos das materias primas para alimentación animal.

As xornadas inclúen unha mesa redonda, coa intervención de tres gandeiras, para transmitir a súa experiencia diaria na problemática dunha granxa de vacún de leite. A programación completarase con outra mesa redonda sobre o futuro do mercado lácteo, na que participarán representantes do Ministerio de Agricultura e do sector da distribución, así como expertos universitarios.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sarria acolleu unha charla sobre o Programa de Garantía Xuvenil da Xunta de Galicia

Seguinte Nova

Primeiro encontro entre a nova conselleira de Medio Rural e as organizacións agrarias profesionais

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss