Dende a súa posta en marcha no ano 2011, o teléfono de atención e información ao cidadá 012 da Xunta de Galicia atendeu máis de 2 millóns de chamadas. Según explicaron os seus responsables, as consultas recibidas no 012 corresponderon maioritariamente ao Medio Rural, con Gandeiría e Queimas como cuestións máis solicitadas, cun total de 1,3 millóns de chamadas. A continuación, as consultas máis solicitadas foron a información xeral, con 313.229 chamadas; o servizo de apoio á mobilidade persoal, con 178.263 consultas; o servizo de información a demandantes de empregos, que sumou 55.727 chamadas, e o servizo de dependencia, que acadou 51.971 consultas. Este servizo ofrece atención telefónica en galego, castelán e inglés, neste caso para consultas turísticas, sobre os diferentes servizos prestados na nosa Comunidade, permitindo a realización de trámites dun xeito sinxelo e rápido.•
Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS
• A modernización destas instalacións deportivas municipais da Pinguela era unha demanda a berros do mundo
• A Seguridade Social dá servizo nas súas dependencias de Monforte a unha poboación de máis
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca vén de anunciar en rolda de prensa o convenio
O concello de Pantón informa do remate das obras de abastecemento de auga, que iniciara no
A Xunta de Goberno Local de Sarria vén de aprobar nunha sesión extraordinaria e urxente a