•O pasado 7 de novembro, celebrouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e os concellos do sur de Lugo sumáronse a esta iniciativa con diversas accións.
PANCARTA VIOLETA «CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS» EN SOBER
O Concello de Sober apoiou o Movemento Feminista na marcha que tivo lugar en Madrid o sábado 7 de novembro, e dende a capitalidade municipal amosaron a súa solidaridade coa instalación dun cartel na Casa Consistorial co lema, escrito en letras violeta, «Contra as violencias machistas 7 de Novembro».
MESA DE COORDINACIÓN EN QUIROGA
Pola súa banda, no Concello de Quiroga quedou constituída o día 6 deste mes a Mesa de Coordinación contra a Violencia de Xénero. Según explicaron os responsables municipais, a finalidade desta Mesa é definir, impulsar e crear mecanismos e recursos suficientes de coordinación para atender ás vítimas de violencia de xénero. Asimesmo, a Mesa fomentará e desenvolverá accións e fórmulas de prevención e sensibilización.
A composición da Mesa inclúe representantes das diversas administracións e axentes implicados na loita contra a violencia de xénero. Así, estarán representados a Subdelegación do Goberno, os servizos sociais municipais, o centro de saúde, Garda Civil, Policía Local, os centros educativos e o Centro de Información á Muller (CIM). A presidencia desta Mesa recaerá na concelleira de Benestar e Igualdade do Concello de Quiroga, Ana María Núñez García.
Na xornada de constitución da Mesa, os membros analizaron, entre outros aspectos, a violencia de xénero en Quiroga, evaluando a efectividade das intervencións realizadas, e propoñendo a elaboración dun protocolo conxunto de actuación. Manifestaron que, a pesares de estar xa traballando de xeito coordinado, carecían dun documento que fixara ditas actuacións.•