Os veciños das parroquias do Camiño Francés poderán optar a axudas para arranxar as vivendas

Un plan conxunto entre Xunta e Fomento destinará máis de 3 millóns de euros nos tres camiños oficiais na nosa provincia

•Os veciños das parroquias incluídas no trazado dos tres Camiños oficiais de Santiago que discurren pola nosa provincia poderán beneficiarse de ata 11.000 euros de axuda para arranxar as súas vivendas.

REHABILITACIÓN INTEGRAL DOS ÁMBITOS POLOS QUE PASAN OS CAMIÑOS Esta liña de subvencións foi anunciada polos deputados autonómicos do Partido Popular José Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra en rolda de prensa celebrada a finais do mes pasado. Os deputados populares explicaron que a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), e o Ministerio de Fomento, van leva a cabo un plan conxunto para a rehabilitación integral dos ámbitos polos que discorren os Camiños de Santiago, cunha dotación orzamentaria de 3 millóns de euros.

IMPORTES E ÁMBITO DAS AXUDAS

Según precisaron os deputados do Partido Popular, as axudas directas poderán acadar ata un máximo de 11.000 euros a fondo perdido por vivenda. Como novidade, estas subvencións non só beneficiarán ás edificacións contiguas aos trazados xacobeos, senón tamén ao conxunto da parroquia, o que abre o acceso ás axudas a todos os veciños.

CONDICIÓNS SIMILARES ÁS DAS AXUDAS DO ARI

Os requisitos de acceso a estas subvencións son iguais aos das axudas da Área de Rehabilitación Integral (ARI), e inclúen actuacións de mellora en infraestruturas e urbanización, ademais do arranxo das vivendas particulares.

En canto aos prazos, Balseiro e Martínez-Sierra anunciaron que a convocatoria da orde de axudas será publicada polo IGVS «en breve» no Diario Oficial de Galicia.

En total, serán 23 as parroquias lucenses que se beneficiarán destas axudas. No Camiño Francés, as parroquias pertencen aos concellos de Pedrafita, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso e Palas de Rei. No Camiño Primitivo, as zonas intégranse nos concellos de Fonsagrada, Baleira, Castroverde, Lugo, Guntín e Palas de Rei. A ruta do Camiño do Norte inclúe parroquias de Ribadeo, Trabada, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Begonte, Guitiriz e Friol.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O outono estréase en Sarria co renovado aspecto do Malecón

Seguinte Nova

Activado o Plan de Viabilidade Invernal nas estradas autonómicas da provincia

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: