Tardes de Teatro en Ribas de Sil

• O Concello de Ribas de Sil e o Grupo de Teatro Augas do Sil están a organizar a programación «Tardes de Teatro no Inverno», con sesións no Salón de Actos do Concello. A vindeira cita será o sábado 21 de novembro, a partir das 19,00 horas, cando o grupo de teatro da Asociación Pico de Castro, de Foz, porá en escea a obra «De vello gaiteiro».

A protagonista, Rosiña, filla dun labrego con posibles, recibe unha oferta de matrimonio dun rico indiano. O problema é que Rosiña está namorada doutro home. O desenlace da situación poderá verse en San Clodio o día 21 deste mes.

Esta programación conta coa colaboración da Deputación de Lugo, a través do Proxecto Buxiganga.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Novembro, Mes das Tradicións nas sesións lúdico-culturais Merendas con Contos de Sober

Seguinte Nova

Sesión de teatro en Ferreira

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss