Moitas están a ser as citas coa natureza e as tradicións neste outono no sur de Lugo. Concellos e centros de ensino, colectivos veciñais e entidades diversas aproveitan estas datas para poner en valor os productos da terra e do monte, como as castañas ou os cogumelos, e tamén organizar actividades na natureza, con programacións de rutas de sendeirismo e saídas ao campo para recoller setas. Unha ocasión única para disfrutar da riqueza natural e paisaxística destas comarcas.
XXVIII Feira da Castaña en Seoane do Courel
Brosmos recrea os magostos máis enxebres
•Con castañas, chourizos e unha fonte manando viño de Amandi, entre outros produtos de outuno
• A última hora do sábado 31 de outubro, a parroquia soberina de Santa Cruz de Brosmos reuniu en torno ás castañas e á queimada a máis de medio cento de veciños e veciñas. A cita co magosto deste ano recuperou os elementos máis enxebres que se recordaban na contorna. Castañas, chourizos, empanada e mexillóns foron degustados polos asistentes, que disfrutaron tamén do viño de Amandi que estivo manando da fonte da praza durante a celebración do magosto.
Unha cita para a confraternidade en torno ás nosas tradicións.•
•A CASA DA XUVENTUDE DE CHANTADA CELEBROU AS XORNADAS MICOLÓXICAS.
Do 9 ao 12 de novembro, a Casa da Xuventude de Chantada acolleu as Xornadas Micolóxicas, con diversas actividades ao longo de toda a semana. A programación iniciouse o luns día 9 cun curso de iniciación no mundo dos cogumelos, para aprender a identificar os xéneros e especies principais. Xa o martes, tivo lugar a proxección dun audiovisual titulado «Setas: manjar o riesgo», que incidiu no recoñecemento das diferentes variedades, para evitar posibles riscos na saúde dos consumidores.
SAÍDA AO CAMPO PARA RECOLLER EXEMPLARES
Asimesmo, as Xornadas Micolóxicas ofreceron un espazo para o traballo de campo, cunha saída ao monte o mércores ás tres e media da tarde. Durante a actividade, os participantes puideron achegarse a diferentes hábitats vexetais, para distinguir as variedades micolóxicas in situ, e poder recollelas con total seguridade.
EXPOSICIÓN DIVULGATIVA DAS PEZAS
Con todo o material recollido na saída ao campo, preparouse unha exposición divulgativa ao día seguinte, para que o público poida recoñecer as diferentes variedades atopadas na contorna de Chantada, e percibir as súas particularidades.•
RUTA DA FEIRA DE PARADA CO COLADO DO VENTO
A Asociación soberina O Colado do Vento organiza o domingo 29 de novembro a Ruta da Feira de Parada, deseñada por Xesús Verao. Esta camiñata, de preto de 8 quilómetros, rememora a andaina tradicional a pé dende Sober ata a feira de Parada de Sil. Haberá viaxe en barco para cruzar o río, polbo na feira, e dúas visitas culturais, nunha xornada completa.•
•O MAGOSTO DESAFIOU Á CHOIVA NO IES A PINGUELA.
A festa non hai que a pare, así que no IES A Pinguela celebraron o magosto como se debe, a pesares da choiva. O lume para as castañas e a música tradicional fixéronse no exterior, pero os xogos tradicionais tiveron un carácter «indoor» este ano.
Aínda así, as orixinais propostas de competicións fixeron disfrutar a todos, e convertiron os pasillos nun inusual espazo de risas e diversión para todos. (Fotos cedidas).•
•Xornadas Micolóxicas en Sober ata o día 14
• A Agrupación Micolóxica Pingadouro, en colaboración co Concello de Sober, está a desenvolver ata o día 14 as Xornadas Micolóxicas Sober 2015, baixo a coordinación de Ramón Losada Pérez.
EN MARCHA DENDE O DÍA 12
A programación arrincou o xoves día 12, cunha saída ao campo, con saída dende a Escola de Hostelería de Rosende, para identificar as diversas especies de setas.
DÚAS SAÍDAS AO CAMPO O VENRES 13
A saída prevista para o venres 13 será dende o colexio de Sober, ás 11 horas, e se repetirá pola tarde, ás catro, pero saíndo dende a Praza do Concello.
AMPLA XORNADA O SÁBADO, CON SAÍDA AO CAMPO E MONTAXE DA EXPOSICIÓN
Dende este mesmo punto de partida arrincará a saída prevista para o sábado día 14 ás 10 horas. Xa pola tarde, a partir das catro, procederase a montar unha exposición sobre os exemplares recollidos, con identificación de cada un deles.
CONFERENCIA SOBRE MICOLOXÍA E DEGUSTACIÓN COMENTADA
Esta actividade será no Centro Sociocultural, onde a partir das seis, Ramón Losada pronunciará o relatorio «Introdución á micoloxía». A xornada completarase cunha degustación de cogumelos comentada, polo cociñeiro Fernando Bugueiro Cabo, a partir das 20,00 horas.•
• A Asociación Veciñal de O Saviñao completa a súa andaina por etapas deste outono
• O vindeiro sábado 14 de novembro terá lugar a terceira e última etapa da serie de andainas que está a organizar a Asociación Veciñal de O Saviñao, para cubrir a ruta de sendeirismo PR-G 162.
Según informaron desde este colectivo, o percorrido será dende Mourelos a Belesar, para continuar ata Santo Estevo de Ribas de Miño. O itinerario, de 12 quilómetros, transcurre entre bosques de caducifolias, pasos polos socalcos dos viñedos, prados e a calzada romana dos Codos de Belesar.
A saída está prevista para as 9,30 horas dende a Praza Maior de Escairón, sendo este mesmo o punto de regreso, previsto para as 14,30 horas.
Dende a Asociación informan de que é necesario inscribirse por motivos de organización do transporte. A inscrición pode facerse a través do enderezo electrónico asociacionvecinaldosavinao@gmail.com, ou nos teléfonos 982 45 20 13 e 677 72 63 25.•
Magosto de cores para os cativos de Sober