Tomé esixe por carta a Feijóo que inclúa nos Orzamentos as “actuacións comprometidas con Monforte”

• O alcalde de Monforte, José Tomé, remitiu o día 11 deste mes unha carta ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para esixir que os Orzamentos de 2016 inclúan as partidas correspondentes ás «actuacións comprometidas con Monforte».

Na súa misiva, Tomé fai referencia ao feito de que as contas da Xunta para o vindeiro ano «só inclúen o remate da Vía de Altas Prestacións Lugo-Monforte», proxecto que ademais ten un carácter «supramunicipal». O rexedor local menciona na súa carta os proxectos «que son fundamentais para o noso Concello», en referencia aos accesos ao Porto Seco, a mellora da rede de saneamento e de depuración, e a mellora da LU-617 no seu tramo urbán da rúa Chantada.

Tomé insistiu en que estas tres actuacións son «prioritarias para o desenvolvemento económico e social de Monforte, capital da Ribeira Sacra», polo que solicitou unha xuntanza co presidente da Xunta «para analizar conxuntamente estas necesidades vitais para Monforte, e poder articular as solucións precisas».•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta espera ter en funcionamento este ano o servizo de Radioterapia do Hospital Lucus Augusti

Seguinte Nova

Xuntanza no Parlamento polas demandas do colexio Infanta Elena

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: