Unha nova fichaxe para a galería de ilustres do IES A Pinguela

O pintor lucense Maximiliano López, xunto ao retrato de Andrés García Camba de las Heras, que realizou para o IES A Pinguela.  (Foto cedida).
O pintor lucense Maximiliano López, xunto ao retrato de Andrés García Camba de las Heras, que realizou para o IES A Pinguela. (Foto cedida).

• Don Andrés García Camba de las Heras, monfortino de destacada traxectoria histórica e un dos grandes descoñecidos da historia local, xa forma parte da galería de persoeiros ilustres que pode verse no IES A Pinguela. A presencia do seu retrato neste espazo, no que acompañará a Lois Pereiro, Doutor Goianes ou Maximino Teijeiro, débese á boa man do pintor lucense Maximiliano López, autor do retrato e doador da obra ao centro educativo.

RODRÍGUEZ OTERO INVESTIGOU SOBRE A FIGURA DE GARCÍA CAMBA DE LAS HERAS

Na relevancia deste senlleiro personaxe da historia monfortina xa tiña afondado a escritora e investigadora Margarita Rodríguez Otero, no seu libro titulado «Andrés García Camba de las Heras. 1790-1861. Militar, político y escritor». Rodríguez Otero elaborou tamén un artigo sobre García Camba para o vindeiro número da revista do IES A Pinguela, que levará á portada o retrato asinado por Maximiliano López.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Outono Fotográfico en Pantón coas “Crónicas Urbanas” de José Luis Montes

Seguinte Nova

Cine e teatro para celebrar en Monforte o IV Centenario da publicación da segunda parte de “El Quijote”

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: