Vicepresidencia provincial e FAPACEL fomentan as habilidades sociais dos máis novos

O deputado provincial responsable de Cultura, o nacionalista Xosé Ferreiro, na presentación do programa “Coa Educación por diante”, organizada por FAPACEL. GPMR.
O deputado provincial responsable de Cultura, o nacionalista Xosé Ferreiro, na presentación do programa “Coa Educación por diante”, organizada por FAPACEL. GPMR.

•A comezos deste mes, a Vicepresidencia da Deputación e a Federación Provincial de APAS de Lugo (FAPACEL) presentaron o programa «Coa Educación por diante», organizado en virtude dun convenio asinado entre o organismo provincial e o colectivo lucense. A presentación contou coa presenza do deputado provincial Xosé Ferreiro, do presidente de FAPACEL, Luis Blanco, as responsables do Centro Psicopedagóxico Crea, Lucía Fernández e Zeltia Méndez, a responsable da guía sobre habilidades sociais, Carmen Moreno, e Rubén Pérez, encargado dalgunha das actividades do programa.

CHARLAS PARA PAIS E NAIS, E OBRADOIRO PARA OS SEUS FILLOS E FILLAS

O programa desenvolverase este mes, con charlas destinadas a pais e nais de nenos e nenas de 4 a 12 anos, nas que se dará a coñecer o contido da guía titulada «Escola de Habilidades Sociais». Esta guía explica, en primeiro lugar, en que consisten as habilidades sociais, e reflexiona sobre a importancia da súa adquisición. A continuación, a guía desenvolve os diversos estilos de interacción social, con exemplos práticos para a súa identificación. Por último, a guía inclúe unha serie de pautas educativas para a resolución de conflitos, así como a enumeración de diversos mitos sobre as interaccións sociais.

Co obxectivo de facilitar a asistencia de pais e nais ás charlas, o programa ofrece o «Obradoiro sobre o Conto Popular» para os seus fillos e fillas, a cargo de Rubén Pérez e Elena Centelles.

Unha vez rematado o ciclo de charlas, no mes de decembro remitiranse exemplares das guías ás ANPAS asociadas para repartir entre as familias.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os Concellos sumáronse á celebración do Día contra a Violencia de Xénero

Seguinte Nova

O académico lancarao Basilio Losada recibiu o XIV Premio Ramón Piñeiro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss