DOUS ALUMNOS DO IES DAVIÑA REY, PREMIADOS NO II CERTAME MULLERES DE LEMOS NO DÍA DA BIBLIOTECA.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Moitas foron as celebracións que os centros de ensino e culturais organizaron a finais do mes pasado para celebrar o Día da Biblioteca. Un dos eventos que está a emerxer dentro do panorama cultural do sur de Lugo é o Certame Mulleres de Lemos, que organiza dende o pasado ano o colectivo Lemos Le. Este grupo, que integra a responsables das bibliotecas públicas e municipales e da asociación de libreiros da comarca de Lemos, pretende dar visibilidade ás figuras femininas máis representativas da historia deste territorio a través desta convocatoria. A presente edición estivo adicada a María Castaña, que inspirou aos creadores dos traballos de investigación e banda deseñada presentados a concurso. O xurado composto por Manola Porto, Humberto Loureiro e Ángel Arnáiz premiou como gañador na modalidade de divulgación ao arqueólogo de A Pobra do Brollón Xurxo Ayán, e na categoría de banda deseñada outorgou o primeiro premio á alumna do IES Daviña Rey Sara Rodríguez Barrientos, ademais de conceder un accésit ao tamén alumno deste centro monfortino Víctor Rodríguez Fernández. Os galardoados recibiron os premios de mans de Ricardo Rodicio, concelleiro de Cultura en A Pobra do Brollón; Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober; e Marina Doutón, concelleira de Cultura en Monforte.

PARTICIPACIÓN DO ESCRITOR XABIER QUIROGA

Durante a cea, que reuniu a máis de 50 persoas no Mesón As Viñas de A Pobra do Brollón, tivo lugar a entrega dos premios, ademais do visionado do conto «María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo», elaborado polo CIM de Monforte a partir dos traballos realizados polos escolares de Educación Primaria da comarca de Lemos, e narrado con voz en off pola xornalista Manola Porto. O acto tamén contou coa presenza do escritor Xabier Quiroga, que realizou unha lectura do seu texto titulado «A miña biblioteca, a miña casa». Pola súa banda, a poeta de A Pobra do Brollón, Olga Novo, aportou o texto que ilustra o marcapáxinas conmemorativo desta edición.

GUNDIVÓS, NO CERTAME DO ANO QUE VÉN

Ao remate, presentouse a III edición do Certame, que estará adicada a Lola de Penelas, alfareira de Gundivós.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Tempo de castañas, cogumelos e sendeirismo para vivir o outono por todo o sur de Lugo

Seguinte Nova

Volve o obradoiro de traballo intelectual para adultos en Pantón

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: