18 medallas para os de Neka no Torneo Cidade de Vilalba

Esta foi a última cita antes do Campionato de España, que se disputará en Oropesa del Mar do 5 ao 7 de decembro Os deportistas monfortinos afrontan este reto «super motivados e traballando duro», suliña o adestrador do Neka

Foto de familia dos deportistas do Neka que participaron no Torneo Cidade de Vilalba o 21 de novembro, no que acadaron un total de 18 medallas. (Foto cedida).
Foto de familia dos deportistas do Neka que participaron no Torneo Cidade de Vilalba o 21 de novembro, no que acadaron un total de 18 medallas. (Foto cedida).

• Os deportistas do club de taekwondo Neka conseguiron un total de 18 medallas no Torneo Cidade de Vilalba, celebrado o día 21. Alex Camba, Carlos Fernández, Daniel Areán, Marco García, Karla Novo, Carla Pardo e Laura Álvarez acadaron cadanseus ouros, e as catro pratas foron logradas por Carlos Rey, Aitor Teijeiro, Betitxa Carrera e Lucía Roca. O balance de metais completouse cos sete bronces de José Roca, Raúl Vázquez, Daniel Pérez, Marcos Salgado, Elena Varela, Ana López e Eva López. Estes excelentes resultados levaron ao club Neka a proclamarse campión na modalidade masculina, e foron terceiros en feminina. Na clasificación xeral, o club Neka completou a proba de Vilalba nun destacado segundo posto.

GRAN MOTIVACIÓN

«Estes resultados falan do bo traballo dos rapaces», explicou o adestrador do Neka, José Mª Vega, que destacou a mentalidade competitiva destes rapaces e rapazas. «Estes meses estamos traballando moi duro, cunha motivación doble, tanto para o torneo de Vilalba como para o Campionato de España, e os rapaces están super motivados para a proba nacional», destacou Vega.

ULTIMAN OS PREPARATIVOS PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA

Tendo en conta que o ano pasado foron campións de España infantís por clubes, en Neka afrontan este reto con todas as súas enerxías, malia as dificultades organizativas que supón «dispoñer a viaxe, que non é pequena, porque hai que ir ata Murcia, con todo o esforzo físico para os rapaces dunha viaxe tan longa, e o importante esforzo económico para os pais».

Neste punto, Vega lamenta a falta de apoios por parte de institucións e empresas para atender ás tres citas nacionais ás que acuden anualmente: o Campionato de España de clubes, o Open de España e o Campionato de España de seleccións. «Temos máis de 150 fichas, somos deporte base, non estamos nunha gran capital e, aínda así, sempre que imos a competicións nacionais traemos medallas», argumenta Vega, que precisa que «asumimos todo o esforzo da competición ordinaria, e só pedimos apoio cando se trata de competir fóra de Galicia». Dende o clube tratan de custear a viaxe ao Campionato de España coa venda de rifas para o sorteo dunha bicicleta. «Polo de agora, estamos contentos coa resposta da xente», afirma Vega.

Mentres ultiman detalles, 13 deportistas traballan arreo para dar o máximo na proba nacional. En combate, estrearase en competición Junior Martínez, e en técnica, competirán en infantil Nerea Fernández, Laura Álvarez, Carla Pardo, Yasmin Rodríguez, Marco García, Carlos Fernández, José Roca e Raúl Vázquez. En junior, estrearase Luis García, e competirán en trío e individual Carlos Rey, Rodrigo Huanay e Álex Camba.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Axudas autonómicas de 1,7 millóns de euros este ano para as cinco Denominacións de Orixe

Seguinte Nova

Reclaman á Xunta unha “solución” para o estudantado da FP Básica

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: