A Deputación esixe á Xunta que paralice a suba do canon de Sogama aos concellos

•O Pleno da Deputación provincial celebrado o día 24 aprobou, cos votos en contra do Partido Popular e en ausencia durante a votación do deputado non adscrito Manuel Martínez, unha moción para instar á Xunta de Galicia a derrogar a suba do canon que aplica Sogama aos concellos. Ademais, na moción tamén se pide que sexan estimados os recursos presentados polos Concellos por vía administrativa en contra das incautacións que se lles aplicaron.

A Pobra do Brollón é un dos Concellos que se negou a pagar  a suba de Sogama. Arquivo EC.
A Pobra do Brollón é un dos Concellos que se negou a pagar a suba de Sogama. Arquivo EC.

FEGAMP:»QUE A XUNTA NON INCAUTE CARTOS AOS CONCELLOS»

Xa a mediados de novembro, o presidente da Deputación, Darío Campos, e o presidente da FEGAMP, Alfredo García, esixiran publicamente á Xunta que «non incaute cartos» aos Concellos que rexeitaron a suba do 34% no canon polo tratamento do lixo de Sogama ata que se resolva a cuestión de inconstitucionalidade. Entre os trece concellos galegos que están nesta situación figuran Becerreá, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Castroverde, Pol, A Pontenova, A Pobra do Brollón e Antas de Ulla.

POSIBLE INCONSTITUCIONALIDADE DA MEDIDA DA XUNTA

Ademais, Campos e García lembraron que xa hai catro sentencias en xulgados galegos que elevaron o caso ao Tribunal Constitucional por unha posible invasión de competencias por parte da Xunta.

O mandatario provincial e o presidente da FEGAMP lembraron que os xulgados contencioso-administrativos da provincia de Lugo consideran que hai razoadas dúbidas de inconstitucionalidade na decisión de subir o canon unilateralmente, polo menoscabo á autonomía local garantida no artigo 140 da Constitución, e por unha posible invasión de competencias estatais por parte da Xunta en materia de lexislación de contratos públicos.

No mesmo Pleno, foi aprobada unha moción para esixir ao Goberno central que derrogue a lei 27/2013, de 27 de decembro de racionalización e de sustentabilidade da Administración Local. O obxectivo é que o Goberno devolva ás entidades locais as competencias en materia de prestación dos servizo sociais e reinsercións sociais, así como o financiamento correspondente.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Todos somos París: reaccións na nosa provincia ante os atentados do 13-N

Seguinte Nova

O proxecto de Lei do Patrimonio Cultural quere axilizar a súa protección e implicar máis aos concellos

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: