A produtora monfortina Amanita Films estreou a súa primeira longametraxe

Fotograma da película documental "Os días afogados", de César Souto e Luís Avilés Baquero, producida polo monfortino Iván Patiño. (Foto cedida).
Fotograma da película documental «Os días afogados», de César Souto e Luís Avilés Baquero, producida polo monfortino Iván Patiño. (Foto cedida).

• O monfortino Iván Patiño, responsable da produtora Amanita Films, vén de estrear a súa primeira longametraxe, unha película documental producida en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

ESTREA NO OURENSE INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, E EN CINEUROPA DE SANTIAGO

O documental titulado «Os días afogados», producido por esta firma monfortina en colaboración con AGADIC, presentouse no Ourense International Film Festival (OUFF) o día 20 deste mes. A cinta xa tivera unha extraordinaria acollida na última edición do Cineuropa en Santiago, a primeiros de novembro.

LEMBRANZA DUNHA ALDEA SUMERXIDA NAS AUGAS DO ENCORO DE LINDOSO

O documental producido por Iván Patiño, está dirixido polos galegos César Souto e Luis Avilés Baquero. A cinta narra o drama dos habitantes dunha aldea da Baixa Limia sumerxida polas augas do encoro de Lindoso, en Portugal. Debido aos traballos na presa, o nivel da auga descende e deixa ao descuberto as ruínas dun lugar esmorecido. Varios veciños acuden a contemplar esta visión, que lles sirve para sumerxirse, eles tamén, nas augas dos seus recordos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Presentan o venres 27 en Sarria unha novela de tema xacobeo

Seguinte Nova

• Asamblea Xeral do Círculo Recreativo de Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss