A Xunta unifica os sinais para o Camiño de Santiago

•Haberá un prazo de 4 anos para modificar os sinais e elementos ao disposto no Manual de Sinalización Turística de Galicia

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Turismo de Galicia vén de modificar o Manual de Sinalización Turística de Galicia aprobado polo Decreto 85/2012, do 16 de febreiro, engadindo un apartado correspondente á imaxe e sinalización do Camiño de Santiago. Según precisaron os responsables da Xunta, o obxectivo deste cambio é unificar e harmonizar a sinalización do Camiño de Santiago por constituír un dos símbolos máis consolidados da imaxe de Galicia no exterior. A ruta xacobea, declarada Primeiro Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa e Patrimonio Mundial pola UNESCO, conta con máis de 1.200 anos de historia, e estase a revitalizar nos últimos tempos. En 2014, foron máis de 237.000 os peregrinos que percorreron 100 quilómetros a pé oun 200 en bicicleta, e no que vai de 2015 esta cifra xa medrou nun 10%.

O Manual establece a vieira amarela como referencia gráfica do Camiño de Santiago contemplando a súa aplicación sobre fondo azul, representando esta cor a Europa. Este símbolo adoptado, no seu día, polo Consello de Europa é a icona que identifica ao Camiño de Santiago.

Solo a orientación a dereita é aceptada pola nova orde impedindo a súa adaptación noutras orientacións. Incorporarase a frecha amarela como indicadora do sentido da senda convivindo o símbolo da vieira e da frecha co mesmo tamaño, cada unha delas no seu fondo cadrado.

Asimesmo, a modificación inclúe identificadores especiais para as rutas declaradas Patrimonio Mundial e os lugares declarados Ben de Interese Cultural.

A orde que aproba o Manual indica que os elementos e sinais xa existentes que non se axusten ao disposto na mesma deberán adaptarse ás súas prescricións no prazo de catro anos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Reclaman á Xunta unha “solución” para o estudantado da FP Básica

Seguinte Nova

Monforte e Chantada, entre os gañadores do Xuventude Crea

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: