O Concello de Quiroga ten en marcha a liña de axudas para o transporte de estudantes, dirixido a rapaces e rapazas empadroados neste municipio e que estean realizando os seus estudos fóra do término municipal. Os solicitantes deberán presentar fotocopia da matrícula dos estudos que realiza, e certificado de empadroamento. A documentación deberá presentarse na Oficina de Información Xuvenil ou na Casa da Cultura de Quiroga ata o 30 de decembro.•





