•Medio Rural vai achegar este ano un total de 1,7 millóns e euros en axudas para as cinco Denominacións de Orixe vitivinícolas. Según explicaron os responsables da Consellería, estas achegas van destinadas a financiar gastos de funcionamento dos Consellos Reguladores, as actividades de promoción que desenvolven, e os programas de control de calidade agroalimentaria.
De cara a preparar as liñas de colaboración para o vindeiro ano, representantes das cinco Denominacións mantiveron o día 17 en Santiago un encontro coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez. Nesta xuntanza, determináronse as medidas de traballo relativas á ordenación, fomento e promoción dos viños galegos.
UN 12% MÁIS DE AXUDAS PARA AS DENOMINACIÓNS E INDICACIÓNS PROTEXIDAS EN 2016
Vázquez adiantou que os Orzamentos para 2016 incorporan 3,4 millóns de euros para apoiar a todas as Denominacións de Orixe galegas e as Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) da nosa comunidade. Esta partida supón, según destacou Vázquez, un aumento do 12% sobre as axudas destinadas no exercicio de 2015. En 2016, a partida que maior incremento rexistra é a referida ás axudas aos programas de control, que medra un 50%. Os fondos para promoción aumentan un 10% e a achega para gastos de funcionamento sube un 5,66%.•
•AS CIFRAS DO VIÑO EN GALICIA
•VOLUME DE NEGOCIO EN 2014: As cinco Denominacións de Orixe de Galicia (Ribeira Sacra, Valdeorras, Ribeiro, Monterrei e Rías Baixas) xeraron en 2014 un valor económico estimado en 153,8 millóns de euros. En canto a actividade sectorial, os selos vitivinícolas de Galicia agrupan a un total de 16.371 viticultores, e suman 448 industrias na nosa comunidade. •PRODUCIÓN EN 2014: Os cinco selos de garantía produciron 34,9 millóns de litros de viño cualificado na colleita de 2014 •SUPERFICIE DE VIÑEDO EN GALICIA: Os datos de Medio Rural falan de 9.559 hectáreas no conxunto das Denominacións.