Chantada acolle o III Trofeo Ribeira Sacra de billar a tres bandas

O Campionato Autonómico reúne ata o día 5 a 38 xogadores de toda Galicia

Imaxe de arquivo da pasada edición do Trofeo Ribeira Sacra, proba correspondente ao Campionato Autonómico de billar a tres banda, disputada no Casino de Chantada. Arquivo EC.
Imaxe de arquivo da pasada edición do Trofeo Ribeira Sacra, proba correspondente ao Campionato Autonómico de billar a tres banda, disputada no Casino de Chantada. Arquivo EC.

• Dende o 22 de novembro e ata o 5 de decembro, o Círculo Recreativo e Cultural de Chantada está a acoller a celebración do III Trofeo Ribeira Sacra de billar a tres bandas, proba correspondente ao LXXX Campionato Galego. Nesta cita deportiva, organizada polo Club Billar Círculo de Chantada, reuniranse na vila do Asma un total de 38 xogadores procedentes de toda Galicia.

CALENDARIO DO CAMPIONATO

A competición estase a disputar a xornada completa durante as fins de semana, e en xornada de tarde durante os días laborables, en partidas a 40 carambolas co límite de 50 entradas. A organización establece un total de oito premios aos primeiros clasificados.

PLANTEL DE COMPETICIÓN DO CLUB BILLAR CÍRCULO CHANTADA

O cadro de participantes do equipo anfitrión da proba autonómica, o Club Billar Círculo Chantada, está integrado por José Lozano, Juan Ramón Somoza, Gilberto Rodríguez, Luis Manuel Fernández, Francisco Gómez, Iván Ariel Núñez, Ricardo García, Jacobo Daviña, Francisco Eiriz, Roberto Varela, Manuel Fernández, Jesús Miguélez, José Antonio López, Sin Seung-ha, Rafael Moure, e José Gómez.

Logo da entrega de premios aos gañadores, o III Trofeo Ribeira Sacra rematará coa tradicional cea de clausura.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O proxecto de Lei do Patrimonio Cultural quere axilizar a súa protección e implicar máis aos concellos

Seguinte Nova

Presentación oficial dos 10 equipos que integran o CB Sarria esta tempada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: