• O Círculo Saviñao organizou a mediados de novembro unha sesión de teatro, que se desenvolveu no Auditorio Municipal de Escairón. A veciñanza disfrutou unha vez máis da «vis comica» do grupo Nova Escea Teatro, sempre moi ben acollido nas visitas realizadas á capital do Saviñao. Nesta ocasión, a compañía teatral representou a súa última obra. titulada «A Pócema».
PROGRAMA BUXIGANGA
Esta sesión está integrada no programa de teatro afeccionado Buxiganga, promovido pola Área de Cultura da Deputación de Lugo. (Foto cedida).•