•Do 23 ao 26 de novembro, o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte está a acoller as xornadas formativas SICTED, que organiza o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo en colaboración con Turismo de Galicia. Baixo o título «Claves para a xestión do modelo», as xornadas están destinadas a técnicos municipais de turismo, axentes de desenvolvemento local, informadores turísticos e consultores turísticos, e teñen como obxectivo ofrecer formación para a xestión da Ribeira Sacra como destino turístico de calidade. Según explicou a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, na inauguración das xornadas, o SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos) «é unha ferramenta de gran utilidade para que os axentes turísticos saquen o maior proveito do seu traballo», con fin de situar á Ribeira Sacra «entre os xeodestinos máis destacados do país».
Arias lembrou tamén que a Ribeira Sacra xa conta cunha decena de establecementos distinguidos coa Q de Calidade Turística.•