Monforte e Chantada, entre os gañadores do Xuventude Crea

• A mediados deste mes, déronse a coñecer os gañadores dos premios do certame Xuventude Crea, organizado pola Consellería de Política Social, co obxectivo de fomentar a creatividade e inquedanza artístico-cultural da xuventude.

MÁIS DE 300 TRABALLOS A CONCURSO

O certame inclúe once disciplinas nas que participaron máis de 300 persoas de entre 16 e 30 anos: música, teatro, deseño de xoias, moda, artes plásticas, fotografía, videocreación, banda deseñada, graffiti, poesía e relato breve.

DOUS GAÑADORES DE MONFORTE E CHANTADA

Este ano, houbo dous premiados do sur de Lugo. A monfortina Mónica Sánchez Rodríguez foi a gañadora do primeiro premio na modalidade de poesía, compartido co vilalbés Brais Lamela Gómez. Mónica Sánchez acadou este galardón polo seu poemario «O sosego do lodo». Pola súa banda, o chantadino Hérber Fernández Pérez acadou o terceiro premio na modalidade de relato breve, tamén compartido, neste caso co lucense Rubén Pérez Pombo. O traballo galardoado de Hérber Fernández titúlase «Boi e muiñeira».

O acto de entrega de premios terá lugar o vindeiro 3 de decembro. Os primeiros premios recibirán 3.000 euros, a dotación para os segundos será de 1.500, e os terceiros contarán con 1.000 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta unifica os sinais para o Camiño de Santiago

Seguinte Nova

Presentan o venres 27 en Sarria unha novela de tema xacobeo

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: